¡FAITE COLABORADOR!

Xa celebramos a 1ª edición da carreira popular das praias e foi todo un éxito en todo-los aspectos.

Pero hai moitos detalles que temos que pulir, para conseguir que esta carreira pase a formar parte das clásicas de Galicia e de España, para poder converti-la nunha carreira que os aficionados ás carreriras, agora chamado running, anoten no seu calendario de participación dun ano para outro.

Pero para todo isto, fainos falla a colaboración de moita xente. Na 1ª edición contamos con voluntarios, ós que estamos moi agradecidos, pero para poder seguir medrando toda axuda será boa.

Con esta carreira, queremos poñe-lo Concello de Barreiros e A Mariña lucense no marco das carreiras populares.

Si colaboramos todos, conseguirémolo antes.

Contacta con nosoutros e participarás con un grupo de amantes e comprometidos coa sua terra.